terça-feira, 8 de março de 2011

PROXECTO MARIA. (Métodos de Apoyo y Recursos Interactivos de Aprendizaje)

MARIA é un portal onde se comparten recursos didácticos (páxinas web, imaxes, simulacións, textos, ...) empregados como apoio no proceso de formación. Neste intre, céntrase nos cursos de 4º, 5º e 6º de Primaria. As referencias dos recursos son aportadas por nais, pais, profesorado e alumnado. Séguense as seguintes liñas de investigación: Innovación Educativa, Redes Sociais, Xestión do Coñecemento e Traballo Coperativo.

Este portal está deseñado para axudar a persoas adultas nas tarefas formativas que soen realizarse fóra das aulas co alumnado, traducíndose este nunha ferramenta magnífica para axudarlles nos seus estudos, concretamente para explicar conceptos, exercitar habilidades, realizar actividades que fomentan capacidades como o traballo artesán e descubrimento de cousas novas… 

Paréceme un recurso moi innovador, xa que creo que é unha gran axuda para que o alumnado acade os obxectivos de maneira máis eficaz debido a tódalas posibilidades que ofrece o portal, e porque os propios nais e pais poden recorrer a el para poder axudarlles a entender e afianzar o dado na clase.

Un dos recursos que me chamaron en especial a atención foi “El rincón de los experimentos”, onde podemos atopar multitude de experimentos, clasificados por especialidades, que se poden realizar con poucos medios e material cotiá, tanto para facer en casa como na aula. Tamén aparece unha lista deles que se deben facer nun laboratorio. Creo que tamén pode ser de gran axuda e como material de apoio para profesorado que estea comezando a súa andadura na ensinanza…

A páxina conta cun buscador, e para acceder a el, tedes que poñer como usuario liti e como contrasinal maria. Déixovos aquí o enlace do portal para quen queira profundar neste tema: MARIA

Sem comentários:

Enviar um comentário