sexta-feira, 11 de fevereiro de 2011

A BIOTECNOLOXÍA

A biotecnoloxía é o uso de organismos vivos ou de compostos obtidos de organismos vivos para obter productos de valor para o home. Os seus inicios danse cas investigacións de Charles Darwin, que concluía que as especies non son inalterables, e posteriormente Mendel determina o comportamento dos xenes. A biotecnoloxía traballa en diferentes campos como  xenética, química, medicina, forense, investigación criminal, probas de paternidade, alimentación, minería, agricultura, etc.

Son moitos os avances que fan a través dela, e os beneficios que obtemos. Os enlaces que vos paso céntranse na biotecnoloxía humana, e máis concretamente nas investigacións sobre o cancro de mama. O primeiro trata dunha nova tecnoloxía que permite reconstruír unha mama despois dunha extirpación dun tumor, mediante un xel de plaquetas:

 
O segundo, trata do nacemento do primeiro bebé británico seleccionado xenéticamente para non portar o xene do cáncer de mama:

Sem comentários:

Enviar um comentário