segunda-feira, 14 de fevereiro de 2011

LibroVivo

A Fundación Telefónica a través da súa páxina Educared en Colombia, presentou un proxecto innovador de cara o emprego de novas tecnoloxía,  o fomento da creatividade e o enxeño dos participantes, dirixido maiormente á xuventude.

O reto consistía na elaboración dun libro de forma conxunta, é dicir, un participante escribía un parágrafo e a continuación outro participante continuaba a historia, e así sucesivamente. O equipo responsable do proxecto encargábase da corrección ortográfica do mesmo, e só controlando o tema das historias en caso de mal uso da iniciativa. Así pois, nos libros pódense tratar tanto temas de física, tecnoloxía, ciencias da natureza, cotiás, etc.

Unha vez completada a historia, e seleccionada, o premio consistía na materialización física do libro e no recoñecemento dos participantes como coautores.

http://www.educaredcolombia.com/librovivo/

Sem comentários:

Enviar um comentário